Páxinas

mércores, 19 de febreiro de 2020

VenreXperimentos de febreiro

As dúas últimas semanas desenvolvimos os primeiros VenreXperimentos do ano. No primeiro, utilizando o libro que está na biblioteca Ciencia para niños de Liz Lee Heinecke, elaboramos un electroscopio e comprobamos como a electricidade estática pode afectar a unha corrente de auga. Utilizamos botes de cristal, puntas, papel de aluminio, cartón e globos.
No segundo, para conmemorar San Valentín, deseñamos un corazón que ao presionalo emite luz.
Para este experimento os nenos/as tiveron que coser con diferentes tipos de fío, de xeito que pensaron como facer un circuíto eléctrico que permitise ao led acenderse coa enerxía dunha batería. Xa estamos preparando o seguinte VenreXperimento do mes de marzo.
Agardámosvos!



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario