Páxinas

xoves, 28 de febreiro de 2019

Aprendemos sobre a publicidade

O mércores a biblioteca acolleu a visita de Yago, pai dun neno de Educación Infantil, que viu a compartir e a ensinar a experiencia na súa profesión.

luns, 25 de febreiro de 2019

Día de Rosalía

Onte, 24 de febreiro, celebrouse o aniversario de Rosalía de Castro. No centro quixemos conmemorar esta data con diversas actividades colaborando cos EDLG e co EACE. 

Na entrada da biblioteca realizamos unha exposición cos diversos fondos relacionados coa poeta galega da nosa biblioteca e de fondos emprestados polas Bibliotecas Municipais.

sábado, 23 de febreiro de 2019

Halloween horror pics

Hi, my dear bookworms,

Did you enjoy yesterday in our terrifying session? We had a great time reading Halloween horror and playing some games. Here is a memory of the day. Don´t forget to finish the book and complete the survey, please...
Dream well... if you can...


xoves, 21 de febreiro de 2019

Halloween horror

Hello my dear bookworms,
Carnival is round the corner and that´s why our next reading will be "Halloween horror", a story related to costumes and fancy dress parties, with some scary surprises. Have you ever heard of a Northamerican city called Salem? Do you know what happened there in 1692? Have a look at this video to get informed and be ready for our next session this Friday, 22nd of February. Don´t be a scaredy-cat...
Don´t forget to complete the survey after reading the story. Thanks!!!


Software para encuestas

martes, 19 de febreiro de 2019

Visita de Ana Alcolea


O luns visitou a Biblioteca Ana Alcolea. Os nenos/as de 6º de Educación Primaria compartiron a lectura da obra "El retrato de Carlota" coa escritora.

domingo, 17 de febreiro de 2019

Ana Alcolea na Biblioteca EPB

Créditos: dream-alcala.com/
A biblioteca acollerá mañá a visita da escritora Ana Alcolea. Durante a mañá dialogará co alumnado de 6º de Educación Primaria sobre a lectura do seu libro "El retrato de Carlota".
Benvida Ana!

Poderes extraordinarios

Hoxe dialogamos na biblioteca sobre se necesitamos Súper heroes/heroínas na nosa vida cotiá. Establecendo semellanzas e diferenzas, descubrimos que todos/as temos algo que nos fai ser Súper, pero non todo é tan doado como parece: traballan moito e apenas teñen tempo libre para si mesmos/as, reciben pouco agradecemento e visten con roupa ridícula … pero estaría ben telos/as de visita no colexio: acudirían rápido para solucionar altercados, explicarían as cousas cunha metodoloxía moi interesante e incluso poderían agasallarnos con algún espectáculo os días de festa.

xoves, 14 de febreiro de 2019

A poesía de Rosalía

BY Ruth Caramés Blanco vía Wikimedia Commons
Licenza CC BY
O próximo 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, conmemorando a data do seu aniversario. Un bo momento para volver a ler as súas poesías e reivindicar a obra da ilustre escritora galega.
Desde a biblioteca colaboraremos nas iniciativas do EDLG e EACE para conmemorar a data. En próximas datas publicaremos o desenvolvemento destas actividades.

martes, 5 de febreiro de 2019

Diálogos na biblioteca

A biblioteca acolleu hoxe unha nova xornada dos Diálogos filosóficos, na que a través do arte falamos sobre a pobreza e as súas consecuencias.

luns, 4 de febreiro de 2019

Poesía da natureza

O pasado xoves, María compartiu cos nenos/as de 5º de E.P. unha explicación da importancia das árbores na cultura dos celtas. Ademais, presentoulles o calendario celta baseado nas árbores, no que, en función das datas de nacemento, había unha árbore representativa para cada persoa.
Finalizou cun recital conxunto de poemas relacionados coa natureza do libro Verdedades de Yolanda Castaño.