Hoxe dialogamos na biblioteca sobre se necesitamos Súper heroes/heroínas na nosa vida cotiá. Establecendo semellanzas e diferenzas, descubrimos que todos/as temos algo que nos fai ser Súper, pero non todo é tan doado como parece: traballan moito e apenas teñen tempo libre para si mesmos/as, reciben pouco agradecemento e visten con roupa ridícula … pero estaría ben telos/as de visita no colexio: acudirían rápido para solucionar altercados, explicarían as cousas cunha metodoloxía moi interesante e incluso poderían agasallarnos con algún espectáculo os días de festa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario