Páxinas

xoves, 14 de febreiro de 2019

A poesía de Rosalía

BY Ruth Caramés Blanco vía Wikimedia Commons
Licenza CC BY
O próximo 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, conmemorando a data do seu aniversario. Un bo momento para volver a ler as súas poesías e reivindicar a obra da ilustre escritora galega.
Desde a biblioteca colaboraremos nas iniciativas do EDLG e EACE para conmemorar a data. En próximas datas publicaremos o desenvolvemento destas actividades.

Deixamos algúns dos recursos que temos á vosa disposición na biblioteca e algúns recursos na internet que vos poderán servir de axuda para participar nas propostas. Ademais, facilitamos o manifesto da AELG escrito por Ana Romaní.
Na biblioteca podedes atopar libros como:



Antoloxía galega para nenos de Celia Ruíz e Xan López (Susaeta)





Do A ao Z con... Rosalía de Ana María Fernández (Everest)





Rosalía Pequeniña de Uxía Senlle (Galaxia)







Parece unha rosa de Rosalía de Castro e Isabel Pintado (Espiral Maior)




En internet consideramos interesantes os recursos como os de "Son de poetas" ou os do Instituto Cervantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario