Páxinas

luns, 4 de febreiro de 2019

Poesía da natureza

O pasado xoves, María compartiu cos nenos/as de 5º de E.P. unha explicación da importancia das árbores na cultura dos celtas. Ademais, presentoulles o calendario celta baseado nas árbores, no que, en función das datas de nacemento, había unha árbore representativa para cada persoa.
Finalizou cun recital conxunto de poemas relacionados coa natureza do libro Verdedades de Yolanda Castaño.

Os nenos levaron a réplica dunha folla de árbore e tamén levaron para as clases o calendario celta en libro, para que poidan consultalo cando desexen.


Grazas a María por compartir con nós esta xornada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario