Páxinas

xoves, 30 de novembro de 2023

ENRE2 EPB avanza!

O pasado mes comezamos o club de lectura de ficción dixital ENRE2 EPB, no que nos achegaremos a obras adaptadas ás idades dos nenos/as e que pola súa calidade merecen ser coñecidas e desfrutadas. Comezamos por GNOG creado por Samuel Boucher, coa banda sonora de Marskye e producida por KO_OP. Ademais de dialogar sobre as nove cabezas robóticas que compoñen o xogo, e que teñen cadansúa historia detrás, tamén crearon o seu propio nivel do xogo, que xuntaron a aquelas imaxes que lles chamaron a atención durante a experiencia.Na sesión de hoxe coñecimos Botanicula, unha obra de Amanita Design e coa banda sonora de DVA. Primeiro falamos sobre os obxectivos da sesión e logo xogamos, posteriormente falamos sobre a narrativa que nos propón, sobre as personaxes que se nos presentan e tamén sobre a experiencia de xogo, na seguinte remataremos os niveis que o compoñen, ademais da creación artística que comezamos.

GNOG



Botanicula



Nas evaluacións de cada sesión podedes observar que estes xogos son do gusto das nenas e nenos, merecen ser coñecidos e xogados. Este é un dos obxectivos  do club, ademais da alfabetización no ámbito da ficción dixital.

Seguimos avanzando!

Ningún comentario:

Publicar un comentario