Nace o novo club de lectura da biblioteca ENR2 EPB, neste caso de lectura de ficción dixital, no que nos achegaremos a obras dixitais que nos fagan pensar e reflexionar sobre os diferentes aspectos que se nos presentan nos videoxogos.
Hoxe pola tarde reunímonos na biblioteca para coñecer e xogar a GNOG, unha obra de Samuel Boucher, coa banda sonora de Marskye e producida por KO_OP.
Os nenos/as compartiron a actividade cun membro da súa familia co que puideron xogar á obra proposta. Durante a sesión coñecemos os hábitos de xogo de cada un de nós, para posteriormente xogar cos
dispositivos a GNOG. Posteriormente reflexionamos sobre diversos aspectos que se nos presentaron, como foi a narrativa, a experiencia persoal co xogo, a influencia da música, a dificultade dos rompecabezas, entre outras. Finalmente realizamos unha breve avaliación da sesión.
No mes de maio teremos unha segunda sesión con outra obra diferente que nos achegará á lectura da ficción dixital. Grazas por vir e agardámosvos en maio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario