Páxinas

luns, 24 de abril de 2023

Semana do libro 2023

O pasado domingo 23 de abril foi o Día Internacional do libro e do Dereito de autor.
Debido á coincidencia cun día non lectivo quixemos adiar esta celebración ao longo desta semana, na que desenvolveremos algunha serie de accións para visibilizar este Día do Libro:


1. Decora o teu marcapáxinas:
Durante os recreos haberá uns marcapáxinas realizados coa impresora 3D para que os pintedes ao voso gusto e formen parte das vosas lecturas preferidas e vos acompañen nas vosas viaxes.


2. Tendemos as nosas lecturas:
Durante os recreos na biblioteca haberá unha serie de "prendas" típicas de Galicia en papel nas que podedes escribir os vosos libros preferidos e aquelas obras ou autoras/es que máis vos gustan. Logo penduraremos todas estas recomendacións no corredor do colexio, ademais de aprender cales son as prendas de roupa tradicionais de Galicia.

3. A amizade nun libro: 

O venres 28 haberá a terceira xornada de "A amizade nun libro" na que nenos/as de diferentes idades comparten a lectura dun libro.

4. Vós contades

Continúan as lecturas compartidas dos voluntarios/as na biblioteca na Hora de ler, así esta semana temos os seguintes contos:

El gigante máis elegante, de Julia Donaldson e Axel Scheffler, que Moisés e Álvaro contarán a nenas/os de 1ºEP o luns e o martes

O mércores e xoves María, Yara e Daniela lerán ao alumnado de 6ºEI a obra Amigos, de Michael Foreman.

Agardámosvos na biblioteca! Feliz semana do libro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario