Páxinas

martes, 11 de xaneiro de 2022

Viaxeiros por papel en 4º

En febreiro comezaremos cun novo grupo/s de Viaxeiros por papel. Desde esta semana, os nenos/as de 4º de Educación Primaria interesados en achegarse xuntos á lectura, poderán inscribirse no club de lectura Viaxeiros por papel. Como no resto de grupos terá que haber un mínimo de 6 alumnos/as do grupo clase para poder levarse a cabo, xa que debido a protocolo sanitario non podemos mesturar alumnado de distintos grupos no mesmo espazo.

A periodicidade será mensual, polo que os primeiros mércores de mes teredes unha cita na biblioteca cos libros e con diversas actividades relacionadas coa lectura.

No caso de que houbese tres grupos a duración das sesións sería de 45', no caso de que se fixesen 1 ou 2 grupos a duración será de 1h. O número de inscritos estará entre un mínimo de 6 e un máximo de 15 nenos/as do mesmo grupo.

Neste vídeo que fixeron as "Bolboretas lectoras" anímanvos a incribirvos...

 

O alumnado interesado en participar terá que comunicarllo á sú titora e posteriormente traer a autorización asinada. A que esperades, convertídevos nun "viaxeiro por papel"!

7 comentarios:

  1. Qué horario tendría el Club de Lectura?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Nuno, dependerá dos grupos que se formen. Se só houbese un grupo sería de 16-17h. Se houbese dous grupos de 16-17h e outro de 17-18h. Se houbese tres grupos de 16-16:45h, o segundo de 16:45-17:30h e o terceiro de 17:30-18:15h.
      Un saúdo.

      Eliminar
  2. Dacordo, moitas grazas! Boa noite

    ResponderEliminar
  3. Que boa iniciativa a dos "viaxeiros por papel" e que ledicia ver que Nuno xa amosa interese. Anímovos moito aos grandes lectores de cuarto a iniciar esta aventura porque ler é marabilloso!!! Como din os nenos e nenas MERGÚLLATE NOS LIBROS.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Boas! Éste mèrcores comeza o club de lectura, son do grupo de 4°A. Podédesme recordar o horario? Grazas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Jairo,
      Estes son os días que haberá sesión do club e o horario de cada un dos grupos:
      2 de febreiro de 2022
      9 de marzo de 2022
      6 de abril de 2022
      4 de maio de 2022
      1 de xuño de 2022

      Grupo B 16:00 - 16:45h
      Grupo A 16:45 - 17:30h
      Grupo C 17:30 - 18:15h
      Un saúdo.

      Eliminar