Páxinas

martes, 21 de decembro de 2021

Onda Ti - Temporada 3

Pensabades que non había Onda Ti neste curso? Pois si, aquí tedes o primeiro episodio do noso programa comezando xa a terceira temporada.

Este trimestre tivemos moitas gravacións e irémolas publicando durante este mes nas diferentes seccións da nosa canle en Ivoox, pero queriamos facer o primeiro episodio cunha escolla destes podcast e recuperando seccións clásicas do programa.

A modo de sumario neste Onda Ti poderedes escoitar: unha nova sección en inglés  denominada "The book nook", os contos de medo que gravaron os voluntarios/as da biblioteca polo Samaín, o espazo verde co "Jardín de Juanita", realizado polo alumnado de 6ºB de EI e a súa mestra Mar, esta vez cunha convidada que falará desde unha illa. Recuperamos a sección de Pandemias do mundo coa gripe asiática, que hai uns anos afectou á humanidade. Comezamos o "Conto que vai e vén", unha experiencia de expresión escrita e oral co IES Salvador de Madariaga e que iremos continuando en próximos programas, este inicio corre a cargo do alumnado de 3º da ESO. Jacinto e Ana narrarannos o microrrelato que enviaron ao concurso con motivo do Concurso polo Día das escritoras, tamén teremos a nosa tradicional entrevista, pero neste caso poderiamos falar dun diálogo, teredes que escoitalo para saber de quen se trata. Hai unhas semanas a mestra Nieves propuxo ao alumnado inventarse a historia dunha roda de bicicleta que atopou na praia de Riazor, como rematou alí? Pois ben, os nenos/as de 4ºEP relatarannos as súas peripecias ata a súa chegada ao areal.

Estade atentas/os, porque entre as diversas seccións os nenos/as de 3ºB de EP daranvos información sobre algúns animais mariños que investigaron nos obradoiros de Legocéano.

Remataremos cunha homenaxe e unha despedida a unha persoa responsable da evolcuión do cnetro nos últimos anos, ademais de ser un dos impulsores deste proxecto da radio. Botarémolo moito en falta, pero sempre estará na memoria de todos os que formamos a comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán. Ata sempre José Manuel!

Volvemos a estar Onda ti!

Ningún comentario:

Publicar un comentario