Páxinas

martes, 22 de xuño de 2021

Episodio 5 (T2) - Onda Ti

Remata a temporada de Onda Ti! Xa podedes escoitar o último episodio do programa.

Neste ano complicado conseguimos sacar 5 episodios coas voces e co traballo de alumnado e profesorado, preparando as diferentes seccións das escaletas de cada un dos episodios.

Como di a careta quixemos achegar a escola aos vosos fogares e, nesta viaxe de ida e volta, agardamos que vos gustara. Atopámonos nas ondas no próximo curso!

No programa escoitaredes como os nenos/as de Educación Infantil explican o proxecto Etwinning "De Coruña para o mundo", unha nova edición "4 in a year", a sección en inglés na que as nenas/os de 6º de EP fálannos sobre a estación "Summer". No espazo verde "El jardín de Juanita" volveremos oír aos nenos/as de 5ºB de EI, acompañados nesta ocasión pola profesora universitaria Concha Sánchez Blanco. Na entrevista desta semana coñeceremos a Paola Guimeráns, e o seu traballo cos E-textiles, a través da conversa que tivo co alumnado de 6º de EP.

Conversando coa Emilia chega ao final coa segunda parte do episodio 3, que lle acontecerá aos nenos/as nas súas conversas con Emilia Pardo Bazán?

Escoitaremos aos nenos/as do instituto na segunda entrega de "Desde o instituto", no que oiredes a súa experiencia e algúns consellos que vos dan

Finalizaremos o programa coa tradicional sección "Temos unha mensaxe de..." que non podía ter como protagonistas a... teredes que oílo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario