Atentos porque a temporada 2 de Onda Ti está chegando a término, a próxima semana emitiremos o último episodio, pero hoxe xa podedes escoitar o cuarto episodio que vén cargadiño de información, recomendacións, música, ficción e moita, moita ilusión por parte da comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán.
No programa escoitaredes unha nova edición "4 in a year", a sección en inglés na que as nenas/os de 6º de EP fálannos sobre a estación "Spring", recuperamos ContamosTodos para presentar as poesías das nenas de 1º de EP. Fátima e Toño, libreiras de Alita, recoméndannos uns cómics que podemos aproveitar para ler no verán. No espazo verde "El jardín de Juanita" volveremos oír aos nenos/as de 5ºB de EI, acompañados nesta ocasión de Carmen Loureiro, mestra e pedagoga galega. Na entrevista desta semana coñeceremos máis a Luis Veira, chef do restaurante Árbore da Veira, a través da conversa que tivo co alumnado de 6º de EP.
Conversando coa Emilia está chegando ao final, que lles pasará aos nenos/as do colexio nos seus encontros con Emilia Pardo Bazán, neste programa podemos oír a primeira parte do último capítulo.
Finalizaremos o programa coa tradicional sección "Temos unha mensaxe de...", na que descubriremos unha mensaxe que chegou desde o mar, pero neste caso non nunha botella
Gozade do programa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario