Páxinas

martes, 11 de maio de 2021

#EPB100

Mañá conmemórase o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán e para resaltar esta data teremos con nós a Xulia Santiso, a directora e conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Os nenos/as de 6ºC prepararon a entrevista que lle farán mañá no estudio de Emilia na Onda, pero tamén queremos que participedes desta conversa con Xulia, por este motivo a entrevista emitirémola en directo a través da nosa canle en Spreaker. Comezará ao redor das 13h., xa que na propia Casa Museo alumnas/os de 6º, 5º e 1º de E.P. participarán nunha lectura colectiva das obras de Emilia Pardo Bazán xunto con outras persoas amantes da escritora coruñesa, tamén se entregarán os premios do certame de relatos A Erbeda. Este evento podedes seguilo a través da súa retransmisión na canle de Youtube da Real Academia Galega.

Se queredes facer algunha pregunta en directo tedes que enviala a través de Skype utilizando o chat ou solicitando previamente a intervención a través de chamada, unha alumna trasladará as vosas preguntas ou vos dará paso. O usuario co que tedes que contactar é bibliotecaepb@gmail.com

O reprodutor actualizarase cando comece a emisión e poderedes escoitar e participar na entrevista.



Agardámosvos mañá, non faltedes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario