Páxinas

luns, 10 de maio de 2021

Concurso semana 14

Dende Licenza CC BY-SA
Esta semana, o mércores 12 de maio, conmemórase o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán, e ademais celebramos o día das Letras Galegas, que será o próximo luns 17 de maio, este ano adicado á poeta Xela Arias.

Nesta ocasión as preguntas estarán referidas a esta celebración das Letras Galegas e a autora homenaxeada este ano.

Aos recursos de Paseando con Emilia engadimos as seguintes ligazóns, nas que poderedes atopar información relativa ás preguntas que aparecen no formulario desta semana:

RAG

Primavera das Letras

Portal das Palabras

Recordamos as preguntas que realizamos a pasada semana, así como as respostas correctas a cada unha delas.

1. En que data morre Emilia Pardo Bazán?

A data é o 12 de maio de 1921.

2. Cal foi a causa da súa morte?

Unha gripe que agravou a súa diabetes.

3. Que é a diabetes?

Enfermidade debido a unha alteración no metabolismo da insulina ou unha reducción dela.

4. Que tipo de diabetes dos que hai a continuación non existe?

Das opcións que se propoñían a que non existe é a Diabetes Tipo 0.

5. En que lugar foi enterrada Emilia Pardo Bazán?

Emilia Pardo Bazán morre en Madrid e é enterrada na Igrexa da Concepción desa cidade.

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario