Chegou o día no que celebramos o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor . Desde o equipo de biblioteca quixemos poñer en marcha tres iniciativas coas que pretendemos visibilizar a importancia dos libros nas nosas vidas.
Presentámosvos o resultado destas propostas que estivemos a desenvolver estas semanas e que permanecerán abertas a novas achegas que nos queiradees enviar nos próximos días. Agardamos que vos gusten e gocedes con elas. FELIZ DÍA DO LIBRO!
A entrada da biblioteca está engalanada especialmente para esta data e sempre acompañada dunha selección de libros que pensamos non podedes perdervos.Na "Fotobiblioteca de Emilia" ademais de tratar de localizarvos no retrato de Emilia Pardo Bazán de Joaquín Vaamonde podedes atopar os gustos dos vosos compañeiros/as, algúns dos libros que vos gustaban cando erades máis pequenos ou mesmo recomendacións para cando sexades un pouco máis grandes. Hai cómics, novelas, contos, poesías, álbums, información...libros para todas idades e para todos os lectores/as. Visitade "A fotobiblioteca de Emilia"...ou a "A videobiblioteca"!
(A partires de hoxe, sábado 24, só se actualizará a imaxe)
Durante a semana puidestes amadriñar un dos libros da biblioteca, aquel que vos gustaría resaltar entre outros que hai nela. Si, xa sabemos que é moi complicado escoller un so libro, porque a nosa vida está composta de innumerables libros entre os que escoller, pero aceptáchedes o reto e comezaron a aparecer luces que chamaban nosa atención nos andeis da biblioteca. Agora cando algún neno/a colla estes libros saberá o motivo polo que vós o escollestes e gozar tanto coma vós desa obra. Campaña "Amadriña un libro"!
E chegamos aos "Libros polas ondas" coas que queremos achegar aos nenos/as que, porque aínda non saben ou por outro motivo, non poden acceder ás historias que conteñen os libros. Nestes audiolibros, gravados polas nenas voluntarias da biblioteca e nenas de 1ºA de E.P., nárrannos diferentes historias que se agachan nos libros. Atentas/os, porque hai contos, pero tamén poesía, mesmo algo de música!
Agardamos que gocedes tanto deste día coma nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario