Páxinas

luns, 19 de abril de 2021

Concurso semana 11

Photo by Jaredd Craig on Unsplash
Esta semana está adicada ao libro, xa que o próximo venres será 23 de abril será o Día do libro, polo que continuamos coas preguntas relacionadas co libro no cuestionario desta semana. Ademais da selección de recursos relacionados con Emilia Pardo Bazán  engadimos a ligazón dun vídeo no que se explican as partes dun libro. Lembramos que tedes as distintas propostas que realizamos esta semana para conmemorar esta data tan especial para o equipo de biblioteca.

Recordamos as preguntas que realizamos a pasada semana, así como as respostas correctas a cada unha delas.

1. Cal destas novelas escribiu antes Emilia Pardo Bazán?

Entre as distintas opcións propostas a correcta é "La Tribuna", publicada no ano 1883.

2. Destes libros cal poderiamos situar no xénero do teatro?

"El vestido de boda" foi unha obra de tetro publicada en 1899, un dos poucos libros que escribiu neste xénero.

3. Este libro é unha biografía de Emilia Pardo Bazán que temos na exposición de libros do proxecto, quen é a autora?

Isabel Burdiel é unha historiadora, premio nacional en 2011 e que escribiu esta biografía tan completa da escritora galega.

4. Que é unha biografía?

A definición desta palabra é "Obra na que se narra a vida dunha persoa".

5. Emilia Pardo Bazán tamén escribiu biografías, sobre cal destas persoas...

Non foi un xénero no que se prodigara, pero unha delas foi a que realizou do conquistador español Hernán Cortés.

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario