Páxinas

sábado, 10 de abril de 2021

Crónica de ASOTRAME


Esta é a crónica que elaborou o alumnado de 5ºC de Educación Primaria sobre a visita de Toni á biblioLab para a entrevista que lle fixeron coa axuda de Laboratorio de Radio:

O martes 23 de Marzo de 2021, a clase de 5ºC coñecimos un pouco máis sobre o cancro e sobre ASOTRAME, “Asociación Galega de Trasplantes de Medula Ósea”. Para iso, estivo connosco Toni Platas.

Á chegada, explicámoslle como sentarse, como colocarse diante do micro, utilizar o xel desinfectante e colocar a funda ao seu micro.

Primeiramente, achegouse cunha pouca de vergoña, pero, co paso do tempo, foille pasando e cremos que se sentiu cómodo.
Do primeiro grupo en entrevistalo, algúns estabamos un pouco nerviosas/os pero logo xa non porque o entrevistado foi moi entretido. Deunos moita información sobre a leucemia. Ademais, a medida que fomos preguntando, el respondíanos con cousas que nós entendiamos e non utilizaba palabras raras.



Cando rematou a entrevista, as nosas compañeiras e compañeiros dixeronnos os puntos fortes e as melloras que podiamos facer.

Toni marchou da nosa radio acompañado dos aplausos das nenas e nenos, agradecidos pola súa participación. Grazas Toni, ata outra!

Última hora!!! Toni Platas acaba de recibir un segundo premio de fotografía co título de “Pasos de vida” no Certame Fotográfico CinfaSalud “La mirada del paciente”. A imaxe reflicte o camiñar do seu fillo polo campo como desconexión do seu tratamento de leucemia. O importe do premio vai destinado a Asotrame.

Enviámoslle os nosos parabéns!

4 comentarios:

  1. Felicidades ós nenos polo seu traballo!

    ResponderEliminar
  2. Seguro que foi un momento moi emocionante para todos e que servíu de aprendizaxe para todos. Parabéns

    ResponderEliminar
  3. A entrevista xenial!! Enhorabuena polo premio!!

    ResponderEliminar
  4. A entrevista xenial!!! E enhorabuena polo premio Toni

    ResponderEliminar