Páxinas

luns, 12 de abril de 2021

Concurso semana 10

Photo by Laura Kapfer on Unsplash
O próximo 23 de abril será o Día do libro, así que as próximas dúas semanas as preguntas estarán relacionadas cos libros que escribiu Emilia Pardo Bazán durante a súa vida e tamén por aqueles relacionados con ela que escribiron outras persoas, que estudiaron moito tanto sobre a súa vida como a súa obra.

Recordamos as preguntas que realizamos a pasada semana, así como as respostas correctas a cada unha delas.

1. Como xa sabedes Emilia Pardo Bazán foi unha gran viaxeira. En 1889 estivo como cronista nunha Exposición Universal, en que cidade se celebrou?

Efectivamente, París acolleu a Exposición Universal e Emilia Pardo Bazán estivo alí para contalo a través das súas crónicas.

2. Esta exposición inaugurouse o 6 de maio. Cal foi o seu principal símbolo?

A inicialmente chamada "Tour de 300 mètres" foi o símbolo inaugurado o 31 de marzo de 1889 nesa exposición e que todos coñecemos actualmente como Torre Eiffel.

3. Emilia Pardo Bazán recollería as cartas escritas durante este período en dous dos seus libros "Por Francia y por Alemania" y...

O outro dos seus libros que recolleu os seus escritos foi "Al pie de la Torre Eiffel".

4. En que consiste en ser cronista?

O labor da/o cronista é o de redactar feitos históricos ou de actualidade.

5. Emilia enviaba as súas cartas e artigos a distintas publicacións periódicas da época. Cal destas publicacións diarias non existe?

Das distintas cabeceiras de xornal que se propoñían a que non existe é "El diario de Couña"

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario