Páxinas

luns, 8 de marzo de 2021

Concurso semana 6

O 8 de marzo celébrase o Día da muller. Emilia Pardo Bazán destacou por defender o papel da muller na sociedade e reclamar a igualdade de oportunidades. Foi precursora do movemento feminista, tanto nas súas obras como nos seus artigos reclama a mesma educación para a muller que para os homes.

Esta semana nas preguntas do concurso tratamos que coñezades a outras mulleres galegas que destacaron polo seu labor en prol da igualdade das mulleres e dos homes, pero tamén pola súa relevancia social, cultural e profesional, nunha época na que era moi complicada esta igualdade, de feito moitas delas foron as primeiras no seu ámbito.

As respostas ás cuestións que tiñades que investigar eran:

1.Algunhas das obras de Emilia Pardo Bazán sucedían en A Coruña, pero ela non lle daba este nome. Saberías cal é o nome co que aparecía nas súas obras?

Marineda era o nome que utilizaba a autora coruñesa para referirse á Coruña nas súas obras.

2. A fábrica de tabacos de A Coruña foi escenario dunha das súas obras máis importantes. O edificio no que estaba situada a fábrica agora ten outras funcións. Sabes o nome actual da praza na que está este edificio?

A Fábrica de tabacos está situada na praza da Palloza. Actualmente o espzao que ocupaba foi reconvertido en zona residencial e o edificio é sede xudicial.

3. Cal destas obras tiña a Fábrica de tabacos como un dos escenarios principais?

La tribuna desenvólvese na cidade de Marineda. A Fábrica de tabacos e as súas traballadoras son eixe fundamental desta obra de Emilia Pardo Bazán.

4. Amparo é a protagonista da novela La Tribuna. "Amparo" é unha palabra polisémica. Cal destes é un dos seus significados?

Segundo a RAG o significado da palabra é:

1. Acción e efecto de amaprar.

2. Persoa ou cousa que ampara.

5. Emilia non só escribiu novelas, tamén ten algunha obra de poesía. Cal destas é unha escolma de poemas?

A pesares de non ser estensa a súa obra poética, no ano 1881 publica Jaime, unha escolma de poemas adicados ao seu fillo.

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario