Páxinas

domingo, 7 de marzo de 2021

8M Día da muller

Na semana do 8 ao 12 de marzo queremos visibilizar o labor das mulleres e concienciar na importancia da igualdade na vida en sociedade, así como resaltar aqueles estereotipos que moitas veces pasan desapercibidos.

Xa están montadas as exposicións no corredor de entrada do colexio, con fondos de ficción que teñen a mulleres como protagonistas e tamén fondos informativos con biografías de importantes mulleres ao longo da historia. Tamén incluímos fondos para adultos.

O equipo de EACE montou o mural da entrada na que Emilia está rodeada de outras mulleres importantes que están no rueiro da cidade da Coruña, e que ten estreita ligazón coa proposta Paseando con Emilia feminista, que se puxo en marcha hai unhas semanas e da que xa comezamos a recibir os vosos traballos e co queremos coñecer quenes foron estas mulleres e como unha oportunidade para coñecer a cidade, os seus barrios e rúas.
Mañá recibiremos a visita da investigadora Kelly Conde no laboratorio de microbioloxía. Actualmente está inmersaen varias liñas de investigación, aínda que salientamos as liña sobre o cancro e a participación no proxecto COVIDBENS, que se encarga de cuantificar a carga viral nas augas residuais da comarca da Coruña. A entrevistarán as nenas/os de 5ºC de E.P. no estudio de Emilia na Onda, que xa levan un tempo investigando e aprendendo sobre ela e o seu labor.
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario