Páxinas

domingo, 31 de xaneiro de 2021

VenreXperimentos en febreiro

Esta semana comezan os VenreXperimentos de febreiro dirixidos ao alumnado de 2º de E.P. Nesta ocasión veremos en que consiste a "tensión superficial" mediante o experimento do peixe nadador. A actividade desenvolverase na biblioLab co seguinte calendario:

Venres 5 de febreiro 2ºA

Mércores 10 de febreiro 2ºB

Xoves 18 de febreiro 2ºC

Lembranos que de cada curso poderán asistir a estas sesión 10 alumnos/as.

A tensión superficial consiste en que os líquidos forman na superficie unha membrana elástica, unha especie de "pel". Con este experimento romperemos esta membrana e provocará que o noso peixe comece a nadar.

Na natureza temos insectos que aproveitan a tensión superficial, como os zapateiros que poden pousarse e camiñar sobre a auga.

Fixádevos neste vídeo no que podemos ver un robot, imitando ao zapateiro, aproveitando a tensión superficial da auga.


Agardámosvos na biblioLab!

Ningún comentario:

Publicar un comentario