Páxinas

luns, 16 de decembro de 2019

Postal luminosa

O pasado venres nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. realizaron unha postal para felicitar de nadal que incorporaba luces no seu deseño. Como houbo algunhas participantes que non remataron o venres, hoxe volveron a acudir á BiblioLab para acabar a súa felicitación. Este foi o último VenreXperimento de 2019, pero o novo ano traeranos novos venres de experimentos.
Con esta actividade quixemos que ademais de desenvolver a súa creatividade na escolla da decoración das postais que comprendesen o funcionamento dun circuíto.
A continuación describimos o proceso, primeiro escolleron unha das dúa opcións que tiñamos (árbore ou reno), a continuación explicamos o funcionamento do circuíto con postais elaboradas polo equipo de biblioteca previamente, nas que se comprobaba como funcionaban as luces. Explicouse como conseguir que a electricidade pasase poloa cinta.
As nenas decoraron libremente os modelos que seleccionaron, posteriormente en parella fixeron primeiro o circuíto coa cinta de cobre dunha delas, cando remataron tocoulle a quenda a outra compañeira. Cando as dúas postais estiveron "cableadas" escolleron as cores das luces e conectáronas. Este foi o resultado...


Agardámosvos en 2020 en novos VenreXperimentos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario