"Ler é sempre unha expedición á verdade" Franz Kafka
Páxinas
▼
▼
mércores, 18 de decembro de 2019
Bota a andar "Emilia na onda"
Hoxe publicouse a resolución do concurso para escoller a imaxe e o nome da nosa emisora de radio, dentro do programa "Radio na biblio". A gañadora foi Martina de 4º de E.P. tanto no apartado do logotipo como no nome. O xurado composto por mestras/es e alumnas/os escolleu o nome proposto de "Emilia na onda" e o logotipo que o acompañaba. Así comeza a andaina da emisora de radio da biblioteca EPB no CEIP Emilia Pardo Bazán, dámoslle a benvida a EMILIA NA ONDA. Aurora, a directora do centro, fixo entrega do premio a Martina na súa clase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario