Páxinas

luns, 8 de xuño de 2026

PECHE DA BIBLIOTECA CURSO 2025-2026 - ENQUISA FAMILIAS

 

Boas, familias. Chegando ao final de curso, gustaríanos saber desde o equipo de biblioteca como valorades os espazos da nosa biblioteca EPB. 


E para iso, vos deixamos unha pequena enquisa, que agradadeceríamos moito que responderades. 

Sempre estamos dispostos a mellorar e a contar con vós e coas vosas aportacións para levar o mundo da lectura, da busca de información, da escritura e das vivenzas onde os vosos pequenos e pequenas para ofrecerlles os mellores espazos de biblioteca. Os mellores espazos que eles mesmos elixen por seren os seus lugares de confianza, refuxio e lugar seguro, así como o sitio onde len, aprenden, interactúan, xogan e conviven. 


Pincha aquí para responder á enquisa.

Ata o próximo ano, familias! 

XOSÉ. A. TOURIÑÁN EN EMILIA NA ONDA!!!


 Pois si, estás lendo ben. Visitounos o humorista, actor e veciño da Coruña: XOSÉ. A. TOURIÑÁN!!!

Foi un día moi emocionante, polo cal levábamos agardando moito tempo. E saiu a pedir de boca. A verdade é que se nota que Xosé se dedica a isto da comunicación. E temos que dicir que o noso alumnado de 2ºEP fíxolle unha entrevista moi á altura.

Non podemos estar máis contentos/as no Emilia con esta visita. 

Aquí vos deixamos un vídeo para que sempre o poidamos recordar. Pero, como dixo Xosé que estivera moi cómodo, igual volvía...

E tamén a entrevista na radio que estivo moi entretida e divertida! ESCOITADEA, estes nenos e nenas parece que van á radio todos os días! AQUÍ TE ESPERAMOS, TOURI!

VISITAS DAS FAMILIAS CONTACTONTOS - LENDAS A CORUÑA

Pola semana do libro invitamos ás familias a vir contar un conto, contar algo sobre as súas experiencias na cidade da Coruña, falar dalgunha lenda coruñesa... e as aulas e a biblioteca enchéronse de persoas con moitas historias que contar.

Foron momentos inesquecíbles que as crianzas puideron vivir coas súas mamás, papás ou familiares. E estes momentos ás veces irrepetibles, son os que quedan. Por iso desde a biblioteca do Emilia queremos animar ás familias a que participen e agradecemos a todas as que fixeron posible esta actividad, que tivo unha moi boa acollida. 

Grazas, familias por compartir con nós!



CONTACONTOS VOLUNTARIADO BIBLIOTECA

 O equipo de voluntarios e voluntarias da biblioteca pasou polas aulas para contar un conto. Estiveron moi atentos e atentas xa que viñeron falar coas mestras titoras e os mestres titores para saber os gustos dos nenos e nenas e así elixir correctamente a obra que ían contar. 

Foi un éxito total. 

Aquí vos deixamos algunha fotografía destes momentos que vivimos.






TEATRO "A PEQUENA OSA QUERE XOGAR"







O alumnado de 1º ciclo de primaria tivo a sorte de desfrutar do conto teatralizado "A pequena osa quere xogar" no SUM. Estivo moi divertido e pasaron un bo momento xuntos.

Ademais, o alumnado coñece moi ben a obra e darlle vida aos personaxes é unha experiencia marabillosa. 

DINAMIZACIÓN DA LECTURA






 En 3ºEP o alumnado levou á clase un xogo ou un libro que lle gustaba moito para ensinar aos compañeiros/as e explicar o xogo ou ler un resumo do libro. Deste xeito, aprenden a  importancia de compartir momentos xuntos e compartir as súas afeccións e gustos.

AMIZADE NUN LIBRO "APADRIÑAMENTOS LECTORES"

Durante o curso, tiveron lugar 3 apadriñamentos lectores, un por cada trimestre, onde se levou a cabo a actividade de lecturas acompañadas chamada "amizade nun libro" onde un curso apadrina a outro curso e xuntos, len e realizan outras actividades.

Fotografías do apadriñamento lector do 1º trimestre: 




Fotografías do apadriñamento lector do 2º trimestre:







Fotografías do apadriñamento lector do 3º trimestre: 










OBRADOIRO "PAISAXES CREATIVAS"

 


Nesta ocasión, contamos con "arteygarabato" de Vigo que veu impartir un obradoiro de paisaxes creativas relacionadas coa nosa cidade de A Coruña. 


A este obradoiro asistiu o equipo de voluntariado da biblioteca do curso pasado e deste curso. Así, fixemos unha xuntanza entre ex-voluntari@s e actuais voluntari@s. 


Saíron creacións moi chulas, que nun principio, os propios artistas creadores das obras non pensaban que ían saír tan ben. 

Grazas a "arteygarabato" pola súa visita!


OBRADOIRO COLLAGE 1º EP






Cando algo funciona, sempre repetimos. Este é o caso do obradoiro de collage impartido polo ilustrador Carlos Gallego. Os grupos de 1ºEP tiveron a oportunidade de participar neste obradoiro onde a través da técnica do collage, elaboraron as súas composicións de monumentos e lugares da cidade da Coruña.


Grazas, Carlos e ata sempre! 

ENTREVISTA PROTAGNOSITAS MUSICAL "LÚA"

Viñeron ao colexio Katia e Gael, anitgos alumn@s do Emilia, que hoxe están a participar como protagonistas na obra "Lúa". Tamén os acompañou o director da obra: Fernando Brones, aos que queremos agradecer a súa visita. 


O alumnado de 5ºB de primaria entrevistáronos e aquí vos deixamos un recordo desta, xunto coa entrevista por se a queredes escoitar. 

É unha sorte contar con antigos alumnos/as e ver ata onde conseguiron chegar perseguindo eses soños que algún día tiñan na cabeza cando formaban parte do Emilia. 

Desde a biblioteca do Emilia, vos dicimos "ata sempre, rapaces"!

EXPOSICIÓN ARTÍSTICA - JOSÉ SUÁREZ - INFANTIL

 Hoxe vos queremos ensinar tamén a exposición artística que fixo o alumnado de Educación Infantil en honor a José Suárez. 

Esta exposición foi visitada por varios grupos de educación primaria, que tentaron adiviñar que era o que estaban a representar nas súas creacións o alumnado de infantil. Imaxinación, non faltou. 


OBRADOIRO POESÍA - FAMILIAS





Seguindo co día da poesía, tamén levamos a cabo un obradoiro no programa de "Lectura e familias" con Dores Tembrás e as familias do noso colexio. 

Dores veu para que as familias e os seus fillos/as escribiran sobre papel "as súas cousas favoritas" relacionadas coa cidade da Coruña. 


Foi, coma sempre, moi emotivo e moi necesario. Compartir ese ratiño de tempo xuntos, falando e comentando recordos con persoas e lugares que son importantes para nós é algo que vai quedar para sempre nas nosas memorias. 

Grazas ás familia que participaron e grazas de novo á nosa Dores, visitante xa habitual e case obrigatoria do noso colexio.

OBRADOIRO POESÍA 6ºEP

 Este curso volvemos repetir o obradoiro de poesía da man de Dores Tembrás para o alumnado de 6ºEP. Parécenos importante que poidan plasmar as súas inquedanzas, preocupacións ou sentimentos e emocións, sobre todo neste último curso, despois de 9 anos no mesmo colexio. Ese paso á secundaria vén acompañado de moitas sensacións, e a rapazada sempre é capaz de exteriorizar estas, a través deste obradoiro de poesía. 




Grazas de novo, Dores por vir sempre onde nós como se fose "casa".


8M DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 Este ano, polo 8M (8 DE MARZO), o día que conmemoramos "a muller traballadora" recibimos a visita de Inés Rey e o concelleiro de educación no noso estudo de radio. O alumnado de 6ºEP preparou e realizou a entrevista dun xeito moi profesional. 

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo de fotos cos recordos.


Foi unha experiencia moi gratificante, xa que a rapazada descubriu información relacionada coas tarefas que desenvolve unha alcadesa, e neste caso, a nosa alcadesa de A Coruña. 

Tamén vos deixamos o programa de radio do 2º trimestre ao completo, onde poderedes atopar a entrevista feita á nosa alcadesa.

CONTACONTOS 3ºEP CON MARTA VILLAR

 Este curso,  dentro dos itinerarios lectores, os grupos de 3º de primaria leron o libro "Os peidos máxicos de Sultán", da autora Marta villar. E tivemos a sorte de que Marta nos viñera visitar á biblioteca e con ela, os rapaces e rapazas vivenciaron escenas no conto, donde incluso xogaron con pombas de xabón, que simulaban aos peidos máxicos do protagonista do conto: o can Sultán. 




Marta contounos en quen se inspirou para escribir esta obra. Explicounos o proceso. E compartiu con nós varias experiencias persoais para que puidésemos relacionar estas coas escenas e historias do conto.


Grazas, Marta.