Este curso, dentro dos itinerarios lectores, os grupos de 3º de primaria leron o libro "Os peidos máxicos de Sultán", da autora Marta villar. E tivemos a sorte de que Marta nos viñera visitar á biblioteca e con ela, os rapaces e rapazas vivenciaron escenas no conto, donde incluso xogaron con pombas de xabón, que simulaban aos peidos máxicos do protagonista do conto: o can Sultán.
Marta contounos en quen se inspirou para escribir esta obra. Explicounos o proceso. E compartiu con nós varias experiencias persoais para que puidésemos relacionar estas coas escenas e historias do conto.
Grazas, Marta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario