Páxinas

martes, 2 de xuño de 2026

CLUB DE LECTURA "VIAXEIROS POR PAPEL" - CURSO 2025-2026

 Xa estamos a rematar o curso e queremos ensinarvos a través dun pequeno vídeo uns momentos que viviu o noso alumnado de 4ºEP no Club de Lectura "VIAXEIROS POR PAPEL".

Comezaron o club aprendendo o que era un club de lectura e coñecendo o lugar prefirido de lectura da mestra Aurora. 

Logo, coñecen os libros que van ler durante o curso, pero non ven os libros físicos, se non que a través duns paquetes sorpresa onde hai elementos relacionados cos libros descobren cales van ser as lecturas.

O alumnado viaxou polas páxinas de  "Mofeto y Tejón" donde dous animais se ven obligados a convivir sendo moi diferentes, e finalmente, nace unha bonita amizade. 

Tamén descubriron o álbum ilustrado "Las Varamillas" no que Jo, o protagonista está farto da súa familia e decide aventurarse no bosque onde vivirá múltiples experiencias con criaturas fantásticas. E todo isto a través de debuxos de acuerala de Camille Jourdy.

Outra obra que formou parte da viaxe deste club foi "El libro inclinado" que como di o título, o libro físicamente está inclinado. E trata dunha historia que transcorre na pendente máis empinada do barrio, pola que Bobby se tira nun carriño de bebé e se atopa con moitos obstáculos, que esquivará ou non...

E entre outros, tamén leron "Catro plumas de dinosaurio" unha historia que transcorre nas Fragas do Eume cando un neno vai de excursión e está convencido de que ten que abrir a porta máxima que o levará aos fósiles de Cretáceo... mais, o que descubre é que detrás da porta, non hai fósiles como pensaba, se non... dinosaurios de verdade!

A cita que tiñan cada mes sempre era moi emocionante. A esta cita tamén viñan as nosas bibliotecarias da biblioteca municipal dos Rosales, ás que queremos agradecer enormemente a súa colaboración con nós en moitas das actividades que desenvolvemos. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario