O alumnado de 3ºEP desfrutou dunha xornada co pai dunha alumna destes grupos que compartiu con nós a Liña de tempo do cine, de elaboración propia, e que quiso ensinar ao resto de compañeiros/as.
Fomos percorrendo a historia do cine, desde os seus inicios ata a actualidade, coñecemos aos precursores, personaxes, actores/actrices...
Finalizamos a xornada cunha rolda de preguntas sobre diferentes cuestións do cine que todo o alumnado contestou correctamente e recibiron un agasallo en forma de tarxeta.
Moitas grazas a todas as familias que colaboran, comparten e participan na aprendizaxe dos nenos/as do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario