Chega de novo Onda Ti, achegamos un programa cargadiño de contidos primaverais, todos moi fresquiños. O estudio de Emilia na Onda estivo a pleno rendimento durante todo o trimestre, no programa que presentamos tedes as seccións tradicionais e outras puntuais que cremos que serán do voso gusto. Queremos agradecer ao alumnado e profesorado implicado neste proxecto, así como todas as persoas que pasaron polo estudio para compartir con nós as súas experiencias.
Comezaremos co alumnado de 6ºEP practicando o seu inglés na sección de "The book nook". Continuamos os monográficos relacionados co Proxecto Documental Integrado "Un cole de cine" que realiza o alumnado de 3ºC de Educación Primaria no que nos falarán sobre as distintas profesións que podemos atoparnos na realización dunha película antes de que chegue aos cines. Os voluntarios da biblioteca saíron ao patio a preguntar á comunidade escolar sobre o mundo do cinema, chega unha nova peza de "Voluntarios en acción". A mestra Mar, xunto coa súa clase de 6º de Educación Infantil, convídanos a visitar "El jardín de Juanita", na que teremos a intervención de Patrici Batalla Serra, mestre na Escola O Puig de Esparraguera. Tamén achegaremos a poesía a través de Rosalía de Castro, coa introdución do alumnado de 4ºEP e os poemas baseados en Caldo de Gloria creados polo alumnado de 5ºA. Atentos/as ás recomendacións que nos traen as bibliotecarias de Los Rosales, porque tedes moitas actividades para conmemorar o Día do libro e recomendacións sobre xogos de mesa para diferentes idades (Finalmente, a presentación do libro "El jardín de Gaia" para o día 22 de abril na biblioteca Os Rosales non se vai a poder levar a cabo. Desculpade as molestias)
Na entrevista coñeceremos mellor a Isabel Naveira e a súa traxectoria no mundo do cinema. Remataremos con "Temos unha mensaxe de..." As presentacións, seguindo a escaleta do programa, foron elaboradas polo alumnado de 6ºB de EP.
¡Muchísimas gracias a la Escuela Emilia Pardo Bazán y a Mar Santiago por invitarme a participar en su podcast Onda Ti! Ha sido un placer enorme compartir este espacio tan bonito. ¡Gracias por la acogida y por hacerlo con tanto cariño! Patrici desde ESparreguera, Barcelona
ResponderEliminar¡Muchas gracias a ti, Patrici! Es un honor para toda la comunidad educativa de nuestro centro recibir intervenciones de tanta valía como la tuya. Gracias de nuevo.
ResponderEliminar