Comeza o concurso "Luces, cámara...pregunta!" no que, dentro do Proxecto Documental Integrado "Un cole de cine", aprenderemos sobre diferentes cuestións sobre o cinema. Neste mes, coincidindo con "Novembro mes da ciencia en galego", a actividade consistirá en ordenar e emparellar o aparato que se utilizaba no cine ou no precine co seu nome, a persoa que o creou e o ano no que o fixo.
Este concurso da biblioteca está dirixido ao alumnado de Educación Primaria, para poder participara haberá que recoller a folla de respostas nos espazos da biblioteca.
A forma de participar dependerá no curso no que esteades, así:
- O alumnado de 1º e 2º terá que ordenar os nomes dos aparatos de precine e cine.
- O alumnado de 3º e 4º terá que ordenar os nomes e creadores dos aparatos de precine e cine.
- O alumnado de 5º e 6º terá que ordenar os nomes, os nomes dos creadores e o ano de creación dos aparatos de precine e cine.
O prazo para participar neste concurso será ata o venres 29 de novembro. A participación de cada alumno/a farase introducindo a folla de respostas na caixa de suxestións da biblioteca, comprobando que todos os datos estean cubertos.
O alumnado que complete as respostas correctamente recibirá no mes de decembro un agasallo da biblioteca feito coa impresora 3D.
A información poderá atoparse nos libros expostos do proxecto ou nas seguintes páxinas web:
Tamén podedes consultar os recursos que temos á vosa disposición:
Aprendemos xuntos co cinema!
Ningún comentario:
Publicar un comentario