Páxinas

luns, 18 de novembro de 2024

"Estamos en obras" II

Novo obradoiro creativo de "Estamos en obras" no que o segundo grupo da aula de 6ºB realizou, coa súa mestra Mar, unha nova instalación, que estará aberta ata o próximo mércores. Nesta actividade o respecto é fundamental, por iso tratamos que os artistas pidan o material e xustifiquen para que o necesitan, que desenvolvan valores ademais da súa creatividade. Os artistas comezaron pensando no que podían crear, tiveron que compartir o material que estaba á súa disposición e que formaba nun principio "A selva das casas".


Había unha vez "La selva de las casas" que pronto mudou e empezaron a xurdir as creacións duns artistas que visitaron o lugar. Un museo comezou a súa construción, contiña unha exposición de cadros e como as súas portas xa estaban abertas pronto sería posible visitalo. Como os cadros que ía ter dentro eran valiosos sería importante que a súa estrutura fose estable para que esas obras non se estropeasen. Noutra zona medraba a bo ritmo un acuario e unha piscina comezaba a tomar forma, no centro estaba unha Torre de Hércules desde a que se podía divisar todo o que había ao seu redor, ademais serviría de guía aos barcos.

O museo xa tiña as portas abertas, xa podían entrar os visitantes e como había que protexer o arte valioso do seu interior pensaron que había que poñer dentro unhas cámaras de vixilancia, aínda que ás veces estas cámaras tivesen algún percance, por iso había que poñer moitas.

A Torre de Hércules rematou a construción e xa estaba en funcionamento, nese momento xa podía guiar aos barcos e traer visitantes á nosa exposición. Un cruceiro, un barco grande, estaba chegando ao noso espazo con persoas que querían ver a exposición dos artistas. Ao mesmo tempo o acuario empeceuse a encher de peixiños que nadaban entre as paredes que contiña toda a auga.

Noutro extremo o cruceiro, despois de deixar aos seus pasaxeiros/as deu paso a unha "casa-coche" no que podían vir máis visitantes á nosa exposición, ao acuario e tamén á Torre de Hércules. A "casa-coche" tiña sete rodas, un jacuzzi, unha cheminea para que botase o vapor, unha piscina, unha hamaca, un trampolín...unha casa-coche moi cómoda para viaxar!

Os visitantes da exposición puideron contemplar cadros de sereas, crocodilos, de peixes, un home pescando... cadros moi variados, pero o seu tempo aberto rematou e comezouse a transformar nun sofá no que dúas persoas estaban a ver o ceo, outra obra de arte!

Todos os visitantes tiñan que volver ás súas casas, así que dous barcos chegaron de novo para recollelos e que navegando volverían a levar de novo ás persoas que chegaran no cruceiro aos seus destinos. Eran unhas naves máis pequenas, pero tamén moi cómodas e co inicio desta viaxe os artistas abandonan o mundo que ten poucas cousase que antes era "La selva de las casas".

A obra dos artistas parecía como un mundo, aínda un que non estaba totalmente completo: "El mundo tiene pocas cosas", porque "...puede ser el mundo y como tiene una cosa, dos cosas, tres cosas, cuatro cosas y cinco cosas, pues... tiene pocas cosas".

A instalación realizada polo alumnado de 6ºB de Educación Infantil estará exposta na biblioLab ata o próximo mércores, non dubidedes en visitala e de gozar coa obra destes artistas, parabéns!

Estamos agardándovos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario