Onte
 pechamos o proxecto deste curso que adicamos a aprender e descubrir os 
bosques e montes de Galicia. A intención era colocar e explicar os 
carteis ao longo co camiño ao monte de San Pedro, pero debido á chuvia 
tivemos que facelo no pavillón de Los Rosales. Estes son os carteis que 
temos preparados coa información para que sexa descuberta polos 
camiñantes ata o monte, no que poderán atopar especies de árbores 
autóctonas, especies invasoras, flores, especies do bosque submarino, 
ata como facer un herbario.Todos os grupos escoitaron e aprenderon o que os demais grupos estiveron investigando. Poderedes aprender máis e coñecer o desenvolvemento do proxecto na web do PDI Paisaxes Encantadas.
Animámosvos a descubrilas!
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario