Páxinas

venres, 22 de marzo de 2024

Onda Ti versión primavera

Programa que coincide co inicio da primavera e coa semana da poesía no que aproveitamos para publicar diversos produtos sonoros que se foron gravando no estudio de Emilia na Onda ao longo do trimestre.
Neste episodio escoitaredes aos nenos/as de 6ºEP na sección en inglés, trátase de "The book nook". Aproveitamos este mes tan poético para presentarvos os poemas que creou o alumnado de 6ºa de EP para celebrar o aniversario de Rosalía de Castro e tamén o recitado de poemas da autora galega por parte do alumnado de 2ºB de EP. Seguimos aprendendo sobre as herbas que po
boan os bosques e montes galegos cos monográfico relacionado co Proxecto Documental Integrado Paisaxes encantadas, neste caso coas "Receitas da miña avoa con herbas". Iniciamos unha nova sección coa que queremos dar voz á comunidade educativa coas crónicas que realiza o alumnado voluntario da biblioteca nos recreos, nesta edición podedes escoitar as preguntas que fixeron sobre a volta do fútbol aos patios e tamén sobre o rocódromo estrenado hai unhas semanas, o resto de crónicas poderedes ir escoitándoas na canle. A mestra Mar, xunto coa súa clase de 5º de Educación Infantil, convídanos a visitar "El jardín de Juanita", nesta ocasión coa colaboración da profesora Alatzne Carlosena Zubieta da UDC. Volve o Conto que vai vén co inicio por parte de Manuel, alumno de 4ºA de EP, que lle envía o inicio ao rapaces/zas do IES Salvador de Madariaga.

No mes de febreiro visitounos Angélica Sátiro e o alumnado de 5º de EP puido conversar con ela nunha entrevista moi interesante.

As bibliotecarias de Los Rosales envíannos as súas recomendacións para que nestas vacacións nos acompañe a lectura. Finalizaremos cunha mensaxe dunha persoa que teredes que descubrir ao final do programa.

Lembrade que durante o mes de abril iranse publicando os diversos audios do programa de xeito individual nas distintas seccións da canle en Ivoox. Agora gozade durante as vacacións deste segundo episodio da nova temporada de Onda Ti!

Ningún comentario:

Publicar un comentario