Páxinas

luns, 19 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

O próximo venres 23 de febreiro, conmemoraremos o día do nacemento de Rosalía de Castro. A Fundación Rosalía de Castro propón, como cada ano, diversas actividades para lembrarnos da escritora galega. Este curso coa actividade de Caldo de Gloria, inspirado no poema "Miña casiña, meu lar", relacionan a súa poesía co ámbito culinario. O que podemos facer no centro é transformar unha receita de cociña, realizada con produtos de uso cotía e de orixe galego, nun poema moi saboroso. Poderedes gravar coa vosa voz estas obras no estudio de radio, ademais se queredes podemos gravarvos lendo poemas de Rosalía de Castro nos recreos coa axuda dos voluntarios de biblioteca. Animádevos a celebrar a semana de Rosalía de Castro!Na páxina web do centro tedes recursos para celebrar e lembrar a Rosalía compartidos polo EDLG. A semana que vén compartiremos todos os audios que nos vaian chegando e que vaiamos gravando no estudio de Emilia na Onda.

Feliz Día de Rosalía! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario