Na primeira sesión deste ano en ENRE2 EPB xogamos a unha nova obra na que tivemos que construír un pobo imaxinado, porque non todas as construcións son iguais.Comezamos a sesión lendo o poema "Favela" de Raúl Vacas do seu libro 24 casas, no que accedemos a un tipo de casa moi colorida e popular nas cidades brasileñas. A través da obra Townscaper de Oskar Stålberg, na que temos a liberdade de construír os nosos propios pobos, plasmar as nosas ideas nas construcións que imos creando coas nosas mans, fomos dando renda solta á nosa imaxinación.
Posteriormente falamos sobre a obra e sobre como foron nacendo as creacións de cada un de nós.
Finalmente escollemos un lugar que nos gustase do noso pobo e tiramos unha foto nel.
Gústanos Townscaper!
Ningún comentario:
Publicar un comentario