Como ben sabedes temos unha misión, que é recuperar e coñecer os nosos bosques e montes. Por iso queriamos pedirvos que, para dárlle unha imaxe ao proxecto coa que idintificaremos todas as accións que desenvolvamos relacionadas co PDI Paisaxes encantadas, deseñedes un logotipo que represente os valores e o tema do proxecto.
Necesitamos das vosas ideas, escolleremos a que mellor identifique o
tema e os valores de coidado do medio ambiente e respecto pola natureza. Nestas páxinas web danvos algúns consellos das características que teñen que ter os logos:
https://www.educapeques.com/recursos/como-hacer-un-logotipo.html
https://www.creativosonline.org/disenar-buen-logotipo-caracteristicas-basicas.html
https://lacriaturacreativa.com/2018/09/20/las-matematicas-y-la-geometria-oculta-detras-de-algunos-logotipos-famosos/
Nesta ocasión os vosos deseños teñen que entregarse debuxados por vós e nunha folla que podedes recoller na biblioteca ou biblioLab, tamén podedes dicirlle á titora que vola facilite. O próximo luns 14 de novembro pecharemos o prazo de entrega das vosas propostas.
Todas as
vosas achegas publicaranse no blog. Animádevos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario