Páxinas

martes, 2 de maio de 2023

As Nosas Letras

No mes das Nosas Letras comezamos un concurso relacionado coa nosa lingua, que como ben sabedes forma parte do patrimonio inmaterial de Galicia, polo que esta actividade forma parte das últimas accións relacionadas co PDI Galeguízate! Cada semana proporanse preguntas relacionadas coa lingua, coas palabras, cos seus significados, con fraseoloxía, ditos... As repostas poderedes atopalas tanto nos libros da exposición do proxecto, situados no corredor de entrada do colexio, como nos recursos facilitados polo equipo de teatro e EDLG dentro do vocabulario do Bosque Animado. As clases que participen recibirán como recompensa un lote de pezas de construción Lego que temos dispoñibles na biblioLab.

O concurso abrirase para os grupos de EP e como recompensa haberá un lote de pezas de construción Lego que estarán na aula durante toda a semana. Cada nivel terá un lote (1º-2º-3º-4º-5º-6º), que se adxudicará en función dos seguintes criterios:

1º Número de respostas correctas.

2º Orde de chegada en caso de que haxa o mesmo número de respostas.

3º Grupo que non tivera nunca o lote no caso de igualdade nos puntos anteriores.

No caso de que nun nivel non participase ningún grupo repartirase o lote a un grupo/s doutro nivel, seguindo os criterios anteriores.

O formulario para participar permanecerá aberto durante toda a semana (luns a venres), as respostas enviaranse a través del antes de que o venres ás 14h. se peche. O venres á tarde publicaranse os resultados, a titora recollerá o material o luns e o levará a súa clase. O venres devolveranse os lotes na biblioLab para unha nova distribución.

Grazas por participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario