Páxinas

domingo, 14 de maio de 2023

As nosas Letras - semana 3

Esta semana celébrase o Día das Letras Galegas e haberá diversas actividades para conmemorar este día. Na páxina web do colexio o EDLG publicou unha serie de recursos para coñecer máis a Francisco Fernández del Riego. Estas son as preguntas desta semana e as solucións ás da semana anterior.

Respostas correctas da semana anterior:

1. Esta palabra serve para identificar a parte máis alta da casa, xusto debaixo do tellado...

Faiado

2. Verbo co que queres expresar que tes que marchar moi á présa dun lugar...

Liscar

3. Cal destas palabras non podemos usar cando hai moito alboroto, moito ruído?

Balbordo

4. Sabes o que son os escornabois?

Insecto de gran tamaño de cor loura e negra.


Ningún comentario:

Publicar un comentario