Páxinas

luns, 7 de novembro de 2022

Mes da ciencia en galego

Empeza novembro e, como cada curso, comezamos a celebrar o mes da ciencia en galego. A Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén impulsando esta celebración nas propias bibliotecas desde hai xa uns anos con diversas actividades. Este curso o manifesto co que dar visibilidade a esta conmemoración está escrito por José Manuel Castro Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC,  con investigacións relacionadas co cáncer. Desde a biblioteca retomamos os VenreXperimentos, e cada venres deste mes o alumnado de 1ºEP acudirá á biblioLab para aprender e investigar sobre a refracción da luz.Xa están expostos na entrada da biblioteca obras relacionadas coa ciencia, desde libros nos que aprender a facer experimentos, biografías de científicas, libros nos que aprender sobre mediciña, programación, física, química...

Tamén tedes as nosas recomendacións na web do catálogo en Koha, no que hai unha selección de obras relacionadas coa ciencia:

 

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Adiante coa ciencia!

Ningún comentario:

Publicar un comentario