Páxinas

luns, 28 de novembro de 2022

VenreXperimentos en familia

O pasado venres realizamos o último experimento do mes da ciencia, no que estivemos aprendendo sobre a refracción co alumnado de 1º de Educación Primaria, nos que durante este curso volvemos contar coa axuda das voluntarias/os da biblioteca.

O próximo mes estaremos investigando sobre a electricidade cos nenos/as de 4ºEP, para o que faremos unha postal para felicitar o nadal con iluminación propia.

venres, 25 de novembro de 2022

BOOKWORMS CLUB: The tempest

Ladies and gentlemen, welcome to The Globe, the only open-air theatre in the world! We gather together to watch the performance of the play "The tempest" by the great William Shakespeare. A story of love, hate, betrayal, revenge and magic told by a wide variety of characters: dukes, kings, princes, servantes, monsters, spirits... all stranded on an island in the middle of the ocean. A big tempest is about to begin! Remember to cheer, boo, stomp and whistle according to the plot. And when the story is finished, if you like it, please clap to break the spell. Let the show begin...

mércores, 23 de novembro de 2022

Lecturas violetas

O próximo venres é 25N, Día contra a violencia de xénero, con este motivo o EDLG e EACE convidou ás clases a realizar diversas actividades, desde a biblioteca queremos colaborar na abordaxe da violencia de xénero coa exposición de fondos que incorporamos ao mural realizado polo EDLG e EACE. Tamén queremos compartir a guía "Lecturas violetas" que está accesible na plataforma Koha da biblioteca.

luns, 21 de novembro de 2022

Encontros na Biblioteca

©Marcos Míguez vía La Voz de Galicia
Recibimos a Suso Martínez, historiador e guía, que acudirá á nosa biblioteca para primeiro ser entrevistado no estudio de Emilia na Onda por alumnado de 6ºEP e logo poderá compartir con todos os grupos de 6º de EP o seu coñecemento sobre as lendas de Galicia. Esta actividade forma parte da programación do PDI Galeguízate! para este primeiro trimestre. O encontro poderá seguirse desde outras aulas, ou por quen o desexe, desde a ligazón compartida nesta entrada.

domingo, 20 de novembro de 2022

Premio para Mergúllate!

Esta semana saiu a resolución do VIII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar e recibimos con moito agrado que o Proxecto Documental Integrado "Mergúllate!" foi uns dos vinte traballos premiados nesta edición. No pasado curso aprendimos e investigamos sobre os mares e océanos, ao igual que neste curso estamos a facer co patrimonio material e inmaterial de Galicia.

luns, 7 de novembro de 2022

Mes da ciencia en galego

Empeza novembro e, como cada curso, comezamos a celebrar o mes da ciencia en galego. A Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén impulsando esta celebración nas propias bibliotecas desde hai xa uns anos con diversas actividades. Este curso o manifesto co que dar visibilidade a esta conmemoración está escrito por José Manuel Castro Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC,  con investigacións relacionadas co cáncer. Desde a biblioteca retomamos os VenreXperimentos, e cada venres deste mes o alumnado de 1ºEP acudirá á biblioLab para aprender e investigar sobre a refracción da luz.

venres, 4 de novembro de 2022

O Samaín entra na biblioteca

Esta semana o alumnado de 6ºEP realizou na biblioteca unha representación teatral para os nenos/as de 2ºEP coa Santa Compaña como convidada especial na hora de ler. A obra está baseada na obra a Costureira das ánimas de Suso Cubeiro e Ana Prado. Agardamos ter a intervención da Santa Compaña no estudio de Emilia na Onda.

BOOKLAND CLUB: "Maggie and Max visit the haunted castle"

What a scary afternoon! But also full of secret confessions... Today, the inhabitants of BookLand have talked about our fears and we must admit that there is something very repetitive: dark places. 
We mentioned the fact that, sometimes, especially if we are in the dark, we see strange images in the shadows. This conversation started after reading "Maggie and Max visit the haunted castle". Are you a scaredy cat or a brave knight?... Open the book  if you dare... Here is a book trailer about it with the key vocabulary and remember that there are more resources available in e-Dixgal:

xoves, 3 de novembro de 2022

Pegadas do noso

O PDI Galeguízate! xa está comezando coa investigación por parte do alumnado, neste caso os nenos/as de 3º de EP estiveron onte na biblioteca participandon da proposta "Pegadas do noso". Esta actividade trátase nun proxecto de divulgación realizado por Xandobela. Educación e cultura, subvencionado pola Deputación da Coruña, dentro do proxecto que se denomina "Xogando co patrimonio". Así, a través do xogo descubriron diversos aspectos do patrimonio cultural inmaterial de Galicia, como foron a literatura, as festas, música, os traxes, apeiros e mitoloxía.

Concurso de microrrelatos

No pasado mes de setembro presentamos o concurso de microrrelatos con motivo do Día das escritoras e qe pechamos o 10 de setembro.

Nesta entrada tedes as dúas obras seleccionadas para cada unha das categorías. Nos próximos días publicaremos a totalidade das obras presentadas ao concurso.

Deixamos esta lista de libros e xogos da biblioteca para gozar coa escritura.

Moitas grazas pola vosa participación!

mércores, 2 de novembro de 2022

Galeguízate!

Este curso desenvolverase no colexio o Proxecto Documental Integrado “Galeguízate!”, no que investigaremos e aprenderemos sobre o patrimonio material e inmaterial de Galicia, aproveitando o tema tamén seguiremos achegándonos aos ODS2030. Xa está montada a exposición permanente no corredor de entrada ao centro coas obras relacionadas co tema.