Páxinas

martes, 18 de outubro de 2022

Continuamos un camiño iniciado hai anos

O pasado venres a biblioteca presentou á comunidade educativa o novo aspecto dos seus espazos. Aproveitamos a ocasión para que alumnado de 6ºde EP entrevistase á Judith Fernández Novoa, Directora Xeral de Ordenación e Innovación educativa, que respondeu ás cuestións planteadas polos nenos/as no novo estudio de radio.

O camiño que seguimos desde hai cursos, e que podería levarnos ata comezos do milenio, cando unhas mestras, Carmen, Hilda e Montse, acompañadas do resto do claustro e das bibliotecarias municipais, quixeron promocionar a lectura e o gosto por ela. A actividade da Lectura Silenciosa Sostida como xerme da agora estendida na maioría dos centros educativos de Galicia: a "Hora de ler".

Podedes acceder á noticia do xornal La Voz de Galicia do 15 de outubro sobre a nosa biblioteca "Esta biblioteca escolar es un laboratorio".

Por este motivo queremos, ademais de presentarvos os novos espazos realizar un percorrido pola nosa historia...

 

Lembrade que a partires de hoxe a biblioteca estará aberta de martes a xoves en horario de 16 a 18h. Agardámosvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario