Páxinas

luns, 20 de xuño de 2022

Leva un libro contigo!

Rematamos o curso compartindo a guía de lectura de verán, na que propoñemos libros para todos os niveis de lectura, de ficción e de non ficción. Lembrade que están clasificados igual que na biblioteca, os de fondo azul son para prelectores, vermello para primeiros lectores, verde para lectores autónomos e amarelo para lectores expertos. Incluímos tamén algunha recomendación para os adultos da familia.

A biblioteca escolar do centro pechou as súas portas, pero estas obras poderedes atopalas nas bibliotecas municipais e noutras bibliotecas públicas ou compralos nas librarías. Aproveitade as viaxes que fagades para ir acompañados dun libro e mergullarvos na lectura.

Tamén compartimos con vós as recomendacións de lecturas das bibliotecas Municipais da Coruña "Verás que verán. 

Boas vacacións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario