Seguindo coas actividades de celebración do día do libro queremos adicar as preguntas do concurso á relación existente entre a literatura e o mar, como fonte de inspiración para diversos autores da literatura infantil e xuvenil, pero tamén da de adultos.
Unha boa oportunidade para coñecelos, se aínda non o fixestes.
Estas eran as preguntas da anterior edición do concurso:
1. Cal é o título deste cadro de Luís Seoane que está no Museo de Belas Artes de Coruña?
Las mariscadoras
2. Quen é o autor, que naceu na Coruña e morreu en Vigo, desta paisaxe mariña, titulada Marina, que se atopa no Museo de Belas Artes da Coruña?
Urbano Lugrís
3. Que escultor e pintor foi o creador da escultura que sinala e recibe ao visitantes no Aquarium Finisterrae?
Jorge Peteiro
4. De que está cuberta Maruja Mallo nesta foto que se tirou en Chile e que mostra o seu amor polo mar?
Algas
5. Coñeces algunha obra de arte relacionada co mar. Dinos o título, o autor, que representa e onde poderiamos vela (Museo, páxina web...).
Estas son as preguntas desta semana:
Ningún comentario:
Publicar un comentario