Páxinas

luns, 4 de abril de 2022

Mar e deporte

O mar é escenario de moitos deportes, algúns deles olímpicos. Nas súas augas desenvólvense competicións de diveras modalidades deportivas, nesta semana teredes que investigar sobre estes deportes e tratar de responder ás preguntas que se fan. Podedes utilizar os libros que tedes na exposición do corredor de entrada ou ben consultar os recursos da sección "Deporte".

Estas eran as preguntas da semana anterior:

1. Cal é a diferencia entre un mar e un océano?

A principal diferencia entre os dous é que os océanos son máis profundos e teñen unha extensión maior.

2. Cal destas opcións non é un mar?

Das opcións que se propoñían a que non correspondía cun mar era a do océano Índico.

3. Que superficie de auga salgada hai na Terra?

Aproximadamente hai máis dun 70% de auga salgada no planeta, tal e como nos indica o artigo de NG.

4. Cal destes mares é interior, non está conectado con ningún océano?

Os mares interiores non teñen ningún tipo de conexión cos océanos, entre as opcións que había a correcta era o mar Caspio.

5. Explica de onde provén o nome do océano Atlántico

Provén do titán Atlas e polo tanto dos antigos gregos.

Provén da palabra grega Atlas.

O Océano Atlántico toma o seu nome no século VI a. de C. Ata esa data coñecíase co nome de Océano Etíope ou Gran Océano Occidental. Tamén se lle chamaba o Mar Tenebroso porque había rumores difundidos pola Igrexa Católica de que nes vivían monstros mariños. Os antigos gregos foron os que lle puxeron este nome, relacionándoo co Titán Atlas, quen sostiña as columnas que soportan o ceo, das que formaban parte as míticas columnas de Hércules, que se corresponde co Estreito de Xibraltar. Outra teoría relaciona o Atlántico cos antigos pobos libios dos atlantes que vivían no nororeste de África, nas montañas de Atlas.

Estas son as preguntas desta semana:

Ningún comentario:

Publicar un comentario