Páxinas

luns, 7 de marzo de 2022

Semana da Muller e o mar

Mañá 8M celébrase o Día da muller, para unirnos a esta visibilización do papel da muller na sociedade teremos con nós esta semana a tres mulleres profesionais que teñen vinculación co mar. Na entrada da biblioteca xa tedes a exposición con libros de ficción e non ficción na que as mulleres e nenas son as protagonistas.

O EACE montou un mural no corredor de entrada ao centro que...

Recordade que o ODS número 5 reclama a "Igualdade de xénero", unha igualdade real en todos os ámbitos da sociedade e na que haxa unha igualdade de oportunidades.

Ciclo de charlas na biblioteca:

Martes 8: Raquel Trillo Villar, titulada capitana e actualmente 3ª oficial de navegación.

Mércores 9: Belén, mariscadora de Camariñas.

Venres 11: Elsa Vázquez, bióloga mariña e profesora na universidade de Vigo, falará co alumnado sobre "O efecto do Cambio Climático no marisqueo a pé".






Ningún comentario:

Publicar un comentario