Páxinas

luns, 21 de marzo de 2022

O mar e a mitoloxía

En todas as culturas xurdiron ao redor do mar lendas e seres mitolóxicos que xustificaban naufraxios, raptos ou outro tipo de acontecementos. Esta semana teredes que procurar información sobre seres mitolóxicos relacionados co mar.

Estas eran as preguntas da semana anterior:

1. A hipótese da orixe dos faros remóntase ao 700 ac, xa que aparece en obras de Homero. Como eran nesa época os faros?

A hipótese que, segundo os expertos, ten máis probabilidade é que se usaban lumes que servían para guiar aos mariñeiros e para sinalizar a terra aos barcos.

2. Cal foi o faro promovido por Ptolomeo?

En Exipto construíuse o Faro de Alexandría.

3. Que orixe ten a Torre de Hércules?

O faro en funcionamento máis antigo ten orixe romana.

4. Cal destes faros non está en Galicia?

O Farol de Sagres atópase en Portugal.

5. Describe coas túas palabras como funciona un faro.

Ten no interior da torre unha bombilla xigante que xira a través dun mecanismo para alumear aos barcos cando hai néboa ou non se pode ver.Estas rodas que xiran son engranaxes.

Cando é de noite, a lámpada do faro emite luz a través das lentes, que xiran en 360 graos.

Cando vai falando a luz do faro cada poucos minutos , xira 360 graos sinalando onde está a costa.

A súa función consiste en guiar aos barcos na noite e tamén en condicións difíciles, como néboa espesa e forte marusía. Tamén axudan á aviación. Na actualidade funcionan con enerxía eléctrica. Na súa parte superior ten dúas lentes que xiran ao redor dunha gran lámpada. Estas lentes son de diferentes cores, unha xira proxectando máis luz e a outra, emite escintileos cando a primeira apunta cara o norte.

Estas son as preguntas desta semana:



Ningún comentario:

Publicar un comentario