Páxinas

luns, 7 de febreiro de 2022

Expedicións pola ciencia e polo mar

Seguimos coñecendo as grandes expedicións nos mares e océanos, esta semana achegarémosnos a unha travesía que se realizou para tentar procurar un remedio a unha enfermidade. A importancia da ciencia e a investigación en tempos de epidemias e pandemias pódese comprobar nesta expedicón que tivo lugar no século XIX.

Estas eran as preguntas da semana pasada:

1. En que país naceu Fernando de Magallanes?

Fernando de Magalhanes foi un navegante que naceu en Portugal e que, aínda de morrer durante a travesía, participou na primeira volta ao mundo.

2. Realizou unha expedición pioneira, cal?

Como xa comentamos participou na primeira circunnavegación da Terra, é dicir na primeira volta ao muno en barco.

3. Outro navegante foi o que comandou a expedición á súa volta, quen foi?

Debido á morte de Fernando de Magallanes durante a viaxe a volta foi comandada polo navegante vasco Juan Sebastián Elcano.

4. Ao sur de que continente está o estreito de Magallanes?

Procurando unha vía marítima que comunicase os océanos Atlántico e Pacífico iniciouse esta viaxe, esta vía atopárona no sur de América e que se chamou, na honra do seu descubridor, estreito de Magallanes.

5. En que expedición polo mar vos gustaría ter participado ou que expedición polo mar queriades realizar?

Algunhas das propostas foron:

Ir a coñecer a Ántartida.

En busca dos peixes que nunca vin.

Dar a volta ao mundo.

Unha expedición ao polo norte.

Ir en busca de lugares que nunca vin.

Facer unha expedición para recuperar os restos do Titanic.

Pasar de Chile ao Polo Norte.

Viaxar pola zona do mar máis perigosa do mundo.

Ir denede a Antártida ao Polo norte.

Ir a Oceanía.

Ir a Grecia e atopar os deuses. 

Facer unha viaxe de Francia a América.

Ir a América.

Facer unha expedición para descubrir e aprender sobre as baleas.

Colonización de Ámerica.

Levar a vacina da Covid a África.

Participar na expedición de Fco Javier Balmis, levando a vacina da varíola.

No descubrimento de América con Colón.

Coñecer a experiencia dos nenos de Morelia, a bordo do Mexique.

Procurar a localización do Nautilus.

Unha expediciĺon para procurar animais mariños descoñecidos.

Expedición de recollida de residuos mariños.

Buscar o Triángulo das Bermudas.

Estas son as preguntas desta semana:


Ningún comentario:

Publicar un comentario