Páxinas

luns, 13 de decembro de 2021

Paseando con Emilia de premio

Vimos de coñecer que o Proxecto Documental Integrado "Paseando con Emilia", que se desenvolveu durante o curso pasado no noso centro, no que investigamos e procuramos información para coñecer á escritora que dá nome ao noso colexio e a época na que viviu, recibiu un dos premios do VII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar. Esperamos que con este premio, e con motivo do centenario da súa morte, se contribúa ao coñecemento e a darlle relevancia á figura de Emilia Pardo Bazán.

Este premio é do centro, de todo o alumnado, familias e profesorado que se implicou no seu desenvolvemento. Queremos agradecer a toda a comunidade educativa que participou nas actividades propostas e a todas as persoas e entidades que colaboraron con nós na procura de recursos e desenvolvemento de actividades, especialmente á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, a Xulia Santiso e Patricia Angulo polo seu apoio e asesoramento continuo, así como ás bibliotecarias da BM Los Rosales.

Seguimos aprendendo sobre Emilia, e tamén sobre os mares e océanos.

Grazas e parabéns para toda a comuniodade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario