Páxinas

mércores, 10 de novembro de 2021

Actividades polo Día das escritoras

Xa temos resolución ao concurso de microrrelatos que convocamos polo Día das escritoras. Queremos agradecer a todos os particpantes pola vosa imaxinación e polo dificil que llo puxestes ao Equipo de valoración das obras.

Como xa dixemos, todos os microrrelatos están publicados nesta entrada, así como anunciamos os tres que obtiveron maior puntuación en cada categoría, estes serán difundidos a través das nosas redes sociais e tamén llos pasaremos ás aulas de Educación Infantil para que os ilustren.

Parabéns a todos/as!

Aproveitamos a ocasión para recomendarvos uns libros que temos na biblioteca para todas as idades e que vos poden axudar a desenvolver ou mellorar a escritura de xeito creativo.

Por qué llora la maestra de Gonzalo Moure e editado por Kalandraka:

"Carta longa para ti que queres escribir.

O oficio das letras, contado a través da experiencia e a emoción dun pretixioso autor: "escrivivir" non para contar o sabido, senón para descubrir o descoñecido".


Escribir de Murray McCain, ilustrado por John Alcorn e editado por Libros del Zorro Rojo:

"Nesta imaxinativa reflexión sobre o proceso de escritura e os seus aspectos físicos e sociais, a pluma de Murray McCain e o traballo artesanal de ilustración e deseño de John Alcorn exercen sobre o lector de calquer idade..., un poder de fascinación en plena era dixital."


 

El libro de los juegos de Juan Berrio e editado por Lit-era:


"Un apaixoante e divertido percorrido por xogos de palabras e visuais da man de Clara e o seu curmán Federico."




Contar de Pep Bruno, ilustrado por Andrea Antinori e editado por A buen paso:


"Contar é unha actividade propia dos seres humanos, narra historia forma parte do noso patrimonio xenético: non podemos evitalo."





Gramática da fantasía de Gianni Rodari e editado por Kalandraka:

"Unha obra de referencia para educadores, unha aportación esencial á pedagoxía contemporánea. Un manual sobre o valor liberador da literatura..."


Tamén queremos mostrarvos o que fixeron na clase de ingés o alumnado de 5º de EP para celebrar o Día das Escritoras:
Infografía interactiva sobre Emily Dickinson que contén os "envelope poems" que compuxeron as nenas/os de 5°EP baixo o título "The sea", tomando como referente o que facía Emily, que escribía poemas nos sobres das cartas que recibía ou enviaba.

Estes son todos os microrrelatos recibidos para o concurso do Día das Escritoras 2021:

Os tres microrrelatos que máis valoración obtiveron en cada categoría foron:

PRIMEIROS LECTORES

"Historia dunha nena". Autora Clara Ricoy (2ºEP)

"Eu xa sei nadar". Autora Xiana Seoane (2ºEP)

"Consello dun pirata". Autor Leo Prado (2ºEP)

  

LECTORES AUTÓNOMOS

"Nadar". Autora Elena Moya (4ºEP)

"Tesouros ocultos". Autora Jimena García (3ºEP)

"Navegando cara América". Autora Emma Figueroa (4ºEP)

  

LECTORES EXPERTOS

"El viajero del mar". Autora Carolina Naveira (6ºEP)

"De qué va tu texto". Autora Beatriz González (6ºEP)

"Os recordos". Autor Rafael Ortega (6ºEP)

 

ADULTOS

"Áncora". Autora Ana Martínez

"Os adeuses que non demos". Autor Jacinto Álvarez

"Un día de inverno". Autora María José Vázquez

Moitas grazas e parabéns!

Ningún comentario:

Publicar un comentario