Emilia foi muller, nai, amiga, erudita, mestra, escritora, pioneira, soñadora, festeira, vivaz... e moitos máis palabras que a definiron durante a súa vida e que farán dela unha personaxe que perdurará na historia da literatura e no movemento feminista.
O abano de Emilia foi unha actividade que desenvolvimos para conmemorar o centenario da súa morte e que consistiu na elección dunha palabra que a definise e a representación gráfica desta elección. Cada aula escolleu e trasladou a unha cartolina, con diversas técnicas, tanto a palabra como os debuxos.
O proceso que se seguiu a continuación foi o de compoñer todas as achegas das aulas ata completar o abano, unindo todas as partes que compoñen a personalidade e a traxectoria de Emilia Pardo Bazán.
Por último, había que buscarlle un lugar destacado para a obra común de todo o centro e que fose visible para a toda a comunidade educativa. Debido á pandemia desexabamos colocar a obra de xeito que se puidese ver desde fóra do colexio e que todos vísedes o traballo dos nenos/as, pero, para manter a integridade do abano, decidimos colocalo no corredor de entrada e que todo o alumnado poida acceder a el.
Este foi o resultado:
Montaxe previo á colocación definitiva
Moitas grazas a todos/as!
Ningún comentario:
Publicar un comentario