Páxinas

luns, 14 de xuño de 2021

Clausura dos clubs de lectura

Hoxe celebramos o acto de clausura dos Clubs de lectura que hai no centro: Viaxeiros por papel, Bolboretas lectoras e Bookworm Club. Aínda que ás Bolboretas lectoras lles queda unha sesión o próximo mércores, decidimos facer hoxe a entrega conxunta dun agasallo a todas/os participantes nestas actividades durante o curso, especialmente complicado, e que rexistrou unha asistencia continua en horario extraescolar durante oito meses. Nestas sesións compartíronse lecturas, opinións, visitas e outras actividades relacionadas cos libros e os autores/as que os escribiron.

Agradacemos especilamente ás mestras Rosa e Dolores a implicación no desenvolvemento deste proxecto, así como a colaboración e apoio incondicional das bibliotecarias da B.M. de Los Rosales, que desenvolveron o papel de mediadoras das que xurdiron propostas moi interesantes e motivadoras para as lectoras/es.

Na biblioteca fixéronse entrega dunhas bolsas conmemorativas da actividade a cada alumna/o participante nalgún dos clubs.

Aos que xa rematades a etapa de primaria animámosvos a continuar coa lectura nos clubs de lectura que haxa nos vosos próximos institutos e aos que aínda vos queda algún ano no centro, pedímosvos que continuedes sendo uns Viaxeiros por papel e unhas Bolboretas Lectoras, agardámosvos o próximo curso!




Ningún comentario:

Publicar un comentario